Para o vindeiro Curso Escolar 2022/2023, imos empregar o Método Interactivo de linguaxe musical “Aulavirtualmúsica”. Esta nova metodoloxía consta dun libro físico e dunha licenza individual para acceder a todolos contidos da web.
Éste método hai que mercarllo directamente á Editora, polo que o pedido dos libros farémolo no mes de setembro dende o Centro, e cada alumno realizaralle o pago de xeito individual á editorial a través dun TPV virtual cando vaia a rexistrarse na plataforma co seu libro.
Se algún/ha alumn@ non puidera realizar o pago a través desta TPV, poderá realizarlle transferencia ao seu número de conta e llo activan de xeito manual.
Os prezos do libro máis a licenza para cada curso de de Grao Elemental é de 30€ e de 39€ para cada curso de Grao profesional.

oficina.conservatorio@redondela.gal

O CENTRO SÓ FAI A XESTIÓN DO PEDIDO E ENTREGA AO ALUMNADO.