Concerto benéfico “Pequenos músicos solidarios”

Concerto benéfico que terá lugar o  vindeiro venres 3 de Decembro,  no Auditorio do Multiusos da Xunqueira ás 19:00 horas, o cal será en prol da ONG  redondelá “Da man”.

 A Organización Galega polo Desenvolvemento “Da man”, (institución sen ánimo de lucro) centra a súa actividade solidaria en Senegal, levando a cabo diversos proxectos no ámbito educativo e sanitario fundamentalmente.

Poñamos entre tod@s o noso graiño de area, para darlle ós nenos e nenas de Senegal algo tan básico como unha escola ou medicinas.

No concerto participarán alumn@s de diferentes especialidades e agrupacións  instrumentais do Conservatorio  de Música de Redondela como a Chouque Big Band.

Teñen a súa disposición os tickets de entrada  na oficina admistrativa do centro.  Nesta ocasión os tickets van asociados a un donativo de 5€ , os cales serán íntegramente para a ONG “Da man”.

No caso de non poder asistir o concerto, tamén poden colaborar coa causa nunha Fila 0, na mesma oficina do centro.